Moito teatro e algunha sorpresa nas XXVII Xornadas Valle-Inclán da Pobra

A POBRA> Este sábado arrancarán na Pobra as Xornadas en Homenaxe a Valle-Inclán. Durante un mes desenvolveranse todo tipo de actividades culturais para poñer en valor  a figura deste escritor universal. O teatro cobrará especial peso nesta 27ª edición das xornadas organizadas polo Museo da Pobra e o Museo que leva o nome do autor.

Dúas efemérides condicionan a vixésimo sétima edición das Xornadas Valle-Inclán que coincide co centenario da obra ‘Los Cuernos de Don Friolera’ e coa celebración do ano Castealo.  De aí, o peso do teatro na programación que explorará tamén os vínculos entre os dous escritores que mantiveron unha profunda amizade.

As xornadas arrancarán este mesmo sábado cunha conferencia sobre Valle-Inclán na Arte. O programa inclúe presentacións literarias, actividades divulgativas, un obradoiro de caligrafía antiga e moito teatro en espazos alternativos como os colexios ou as rutas teatralizadas na rúa.

O acto principal terá lugar o mércores 29 de outubro coa ofrenda cívica no Cantón da Leña conmemorando o nacemento de Valle-Inclán.

Ademais da Xunta de Galicia, que promove a celebración das xornadas xunto co museo e o concello pobrense, colaboran a Deputación da Coruña, o Grupo de Investigación Iacobus da USC e o Foro Galicia e Valle-Inclán.