Giving Tuesday: a alternativa solidaria ó Black Friday

    BOIRO> “Un día para vivir a inigualable sensación de dar”, é a esencia do Giving Tuesday. A alternativa solidaria dos consumistas Black Friday e Ciber Monday,celebrouse hoxe en todo o mundo invitando á doazón a todo tipo de causas. Da man dunha boirense coñecemos hoxe unha desas boas causas, a da ASEM Galicia.   

     

     

    Tralo boom consumista comezado polo Black Friday do pasado venres, e o Ciber Moday de onte e os seus descontos online, hoxe chega  a quenda do Giving Tuesday, é dicir, “Martes para dar”, Un proxecto global que buscar converterse nunha alternativa solidaria ós días para mercar. Desde Grandes oenegués, ata pequenas fundacións, convidan hoxe a colaborar con causas solidarias, pero tamén impulsar doazóns de sangue, de médula, de alimentos, roupa..só hai que elixir unha causa, e dar. A recadación do Giving Tuesday representou o ano pasado só o 0,1 por cento das vendas do Black Friday. Hoxe, podemos reverter este dato. A boirense Tamara Vila é tesoreira nunha desas asociación que hoxe nos ofrecen a posibilidade de dar a quen máis o necesita, neste Giving Tuesday.  Trátase de ASEM Galicia, a Asociación contra as Enfermidades Neuromusculares. Cando Tamara tiña 19 anos, diagnosticáronlle unhas das  máis de 150 patoloxías neurolóxicas que existen, e que se caracterizan pola perda da forza muscular. En Galicia 3.000 persoas padecen unha enfermidade deste tipo, e por iso ASEM quere que coa túa axuda poidan conseguir un pouquiño máis de autonomía. Ante os problemas de mobilidade que padecen persoas como Tamara, a través do Giving Tuesday, ASem Galicia quere conseguir dous dispositivos tecnolóxicos que lles permitan realizar actividadespara nós tan cotiás como asearse, comer ou acceder a un ordenador. Tamara pode apoiarse cada día no seu marido, pero un bo xeito de celebrar este día Giving Tuesday, é aportar o noso gran de area a axudar a que persoas coma ela non teñan que depender de alguén en todo momento. Aínda quedan unhas hora para entrar na páxina www.asemgalicia.com e facelo, ou en www.givinstuesday.es e elixir a túa causa. E o máis importante, para “vivir a inigualable sensación de dar”, como reza o lema deste proxecto, non só podes facelo este “martes para dar”, no ano hai 365 días cheos de persoas que necesitan recibir.