Ruíz fai un balance positivo do que vai de mandato a pesar da covid

RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruíz, saíu hoxe ós medios para facer balance da súa xestión á fronte do goberno municipal cando se cumpren dous anos dende o inicio do mandato. Segundo el das 130 medidas que levaba no programa de goberno, preto dun 75% están cumpridas ou moi avanzadas. E iso a pesar de que durante este tempo tivo que lidar cunha etapa complicada, derivada da irrupción da covid.

O rexedor ribeirense compareceu esta mañá en rolda de prensa para facer balance da súa xestión, xusto cando se cumpre o ecuador do seu mandato á fronte do consistorio. E o resultado, segundo el non pode ser máis que satisfactorio, a pesar de que parte del, aproximadamente ano e medio, estivo marcado pola pandemia.

Fala de actuacións tan importantes para o municipio como son o novo auditorio, a mellora da fachada marítima ou á reordenación da dársena, entre outras, así como tamén as melloras previstas para o conservatoria, a UAD ou a casa da Xuventude, que o converten nun dos municipios máis activos de Galicia

E todo iso, conseguindo rebaixar a débeda municipal a niveis históricos, ó redor do 20% e rebaixando impostos. Pero segundo o rexedor o máis destacable destes dous anos de mandato non estaba no programa electoral, como é o Plan Reactiva Ribeira

Quedan pendentes para o que resta de mandato actuacións tamén moi avanzadas coma a nova biblioteca, o módulo de atletismo, a futura sede do Club de Remo, a travesía de Palmeira ou mesmo a variante, moitas delas posibles grazas tamén ó apoio da Xunta, que segundo el, se viu incrementado notablemente neste tempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí