O número de pacientes críticos na área Santiago-Barbanza baixa significativamente

BARBANZA> A cifra de pacientes atendidos en unidades críticas na área Santiago-Barbanza dende o inicio da pandemia ascendeu a un total de 42 persoas. Aínda así a día de hoxe tan só quedan sete ingresados.

As imaxes que ven correspóndese cunha das últimas altas da unidade de críticos do Hospital Clínico de Santiago que foi habilitada especificamente para tratar esta nova enfermidade. Trátase dun paciente de 44 anos que agora pasa á planta de hospitalización convencional onde continuará coa súa recuperación. Permaneceu nesta área de atención a pacientes máis graves durante dezanove días despois de ingresar directamente dende urxencias. Foi ademais o primeiro paciente en Galicia de COVID-19 tratado coa técnica de circulación por membrana extracorpórea, que suple a función do pulmón.

Dende que se rexistrou o primeiro ingreso  por coronavirus, o día 12 de marzo, na únidade de críticos da área sanitaria Santiago-Barbanza tratáronse a un total de 42 pacientes. A día de hoxe tan só hai sete, o que demostra unha melloría evidente.

Tamén destaca a baixada no número de pacientes ingresados  en hospitalización convencional en centros hospitalarios desta área. O último balance sitúa esta cifra en 59, catro menos que ó inicio da semana, dos que catro, atópanse no hospital comarcal da Barbanza.

Onte informábase tamén dunha nova morte nesta área. Unha muller de 79 anos que estaba ingresada na Policlínica da Rosaleda. Dende o pasado sábado non se informara de ningún falecemento nos hospitais desta área sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí