As Xornadas da Zamburiña arrancan co bo pé

    CAMBADOS> As Xornadas de Exaltación da Zamburiña prolongaranse ata o 9 de decembro. Nelas participan 15 establecementos.

    {flowplayer}images/salnes/ReporXornadasZamburina.flv{/flowplayer} 

    As xornadas arrancaron o pasado día 23. Un total de 15 establecementos participan nelas, a metade deles situados no entorno da Praza de Fefiñáns. Piruletas de zamburiñas, zamburiñas con navizas ou en salsa verde son outras das receitas que se presentan.

    Ata o de agora a aceptación está a ser boa malia a escaseza de turistas durante esta época. 

    Cada ración destas ten un prezo único de 5 euros que sube a 12 se é acompañada por unha botella de albariño. Os consumidores poden adquirir ademais un cartón que lles será selado en cada un dos establemecentos. Ó obter catro selos éntrase no sorteo de 15 vales de consumición por un valor de 20 euros.

    Unha boa iniciativa que dende a hostalería de Cambados agardan, se repita no futuro. Dende Zona Centro, promotora desta campaña, o seu presidente fai unha valoración positiva destes primeiros días de xornadas.

    Redacción Salnés