Vilanova Centro sorteará este Nadal 50 vales de compra

    VILANOVA> Cada premio é un vale de compra de 20 euros, a consumir en calquera dos establecementos asociados.

    {flowplayer}images/salnes/PtacCampanaVilanova_281112.flv{/flowplayer} 

    Como é habitual por estas datas Vilanova Centro presenta a súa campaña de Nadal coa que pretende reactivar o consumo dos seus veciños na localidade. Desta volta será 50 os vales de compra que se sorteen, cada un deles terá un premio canxeable de 20 euros en calquera dos establecementos adscritos á asociación.

    Para participar tan só é necesario encher unha destas papeletas cos datos persoais tras facer unha compra. O sorteo levarase a cabo o día 19 e a entrega de premios terá lugar no concello o día 21 de decembro.

    O alcalde da localidade, Gonzalo Durán, animou a tódolos veciños a facer as súas compras este Nadal, en Vilanova. Pola súa parte, o presidente de Vilanova Centro, Ramón Cardalda, destacou que este ano non se lles pide ós propietarios dos comercios ningún pago extra para participar na campaña. Dixo que é posible grazas á subvención que percibiron cando deixaron de ser asociación de comerciantes para converterse en centro comercial urbano.

    Redacción Salnés