![]()
BARBANZA> A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte dispón dunha oficina de fomento do cooperativismo coa finalidade de informar e asesorar á veciñanza.
{flowplayer}barbanza/oficinacooperativismoarousanorte.flv{/flowplayer}
Hai varios meses botaba a andar a oficina de fomento do cooperativismo creada pola Mancomunidade de Municipios Arousa Norte grazas a unha subvención da consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais. A oficina, que está ubicada nas propias instalacións do ente supramunicipal, na casa consistorial boirense, nace co obxectivo principal de axudar á creación de autoemprego a través do cooperativismo.
Servizos
Entre os servizos que se ofrecen na oficina atópanse a divulgación dos valores da fórmula cooperativa, a frmación e información sobre o cooperativismo, a promoción do emprendemento colectivo ou a axuda, a través de acompañamento e sporte técnico a promotores de proxectos cooperativos, facendo especial fincapé na xuventude, nas mulleres e nos desempregados.
Asesoramento gratuíto
As persoas interesadas en coñecer máis sobre o cooperativismo poden solicitar estes servizos de xeito gratuíto, en horario de oito da mañá a tres da tarde. as actividades que se levan a cabo dende esta oficina encádranse dentro da rede Eusumo, unha rede de centros de desenvolvemento cooperativo e de economía social impulsado pola consellería de Traballo e Benestar.
Redacción Barbanza









