Rachan as catro rodas do coche da alcaldesa de Muros

    MUROS> A alcaldesa de Muros foi vítima esta fin de semana dun acto vandálico. O seu vehículo aparecía este sábado coas catro rodas cortadas. Caridad González vincula esta sabotaxe ó seu cargo político pero insiste en que non é motivo para deixarse amedrentar por este tipo de ameaza. Este foi o estado en que quedaron as rodas do coche da alcaldesa de Muros despois da sabotaxe sufrida esta fin de semana. Caridad González atopou as catro rodas rachadas o sábado pola mañá cando foi a coller o coche estacionado moi preto da súa casa. Lonxe de amedrentarse, a alcaldesa di non ceder ante este tipo de ameazas polo que seguirá a traballar como arestora polo ben de Muros. Sen embargo, é consciente de que debe aumentar as precaucións para evitar que se repitan este tipo de sucesos. Segundo a alcadesa, o acontecido co seu vehículo evidencia a necesidade de contar con patrullas da policía durante as fins de semana en quenda de noite. Na actualidade, en virtude do convenio colectivo aprobado polo anterior executivo, non dispoñen de vixilancia nocturna o que favorece a inseguridade cidadá. Os feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil que traballa na investigación para dar co autor ou autores deste delito, posto que os danos superan os mil euros.