VILAGARCÍA > O voceiro de Esquerda Unida de Vilagarcía, Juan Fajardo denunciou que o traslado da estación de autobuses a Fexdega anunciado polo goberno local, escondería unicamente un pelotazo urbanístico.
Fajardo di que moitas máis dúbidas que lle provoca o anuncio sobre un posible traslado da estación de autobuses á explanada de Fexdega. Asegura que ante esta idea só hai unha explicación posible: un pelotazo urbanístico do goberno Gago.
Esquerda Unida cre que é necesaria unha nova estación de autobuses pero ó lado da de tren, creando a gran estación intermodal que están proxectando tódolos concellos.
Tamén propón que se usen as actuais instalacións para zonas verdes e equipamentos que tanto precisa o barrio dos Duráns. Doutro xeito, Esquerda Unida oporase frontalmente ó proxecto de Gago.
Redacción Salnés