OUTES> Sanidade citou vía SMS a un total de 4.300 veciños maiores de quince anos. Neste caso a proba realizada será un test de saliva.
Dende primeiras horas da mañá os arredores do centro de saúde foron ateigándose de xente e tamén de vehículos. Longas ringleiras…que por momentos convertían a zona nun auténtico caos… Foran citados uns 4.300 veciños maiores de 15 anos.
Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e persoal do propio Sergas encargábanse da coordinación do dispositivo habilitado ó redor de dúas grandes carpas onde se entregaban os botes nos que realizar a mostra.
A realización do cribado respondía a unha solicitude realizada polo Concello hai un par de semanas debido á preocupación pola alta incidencia de contaxios, por riba de 600, aínda que a sítuación a día de hoxe mellorou considerablemente con 33 casos activos.
Os resultados das probas coñeceranse en dous ou tres días.