Máis de 30 espectáculos conforman o programa da Fiestra da Cultura de Ribeira

RIBEIRA> A Cultura será a principal protagonista en Ribeira durante os meses de xullo e agosto. O concello deseñou unha ampla programación que inclúe música, teatro, cine e demais disciplinas artísticas dirixida a tódolos públicos.

A fiestra da Cultura comeza forte esta fin de semana en Ribeira. Abrirá este venres coa Holly Party do Orgullo e o concerto Remember Queen do sábado. E o domingo terá lugar en Castiñeiras a primeira das sesións vermú do prigrama Rúas Musicaos. Durante os meses de xullo e agosto sucederanse máis de trinta actividades culturais dirixidas a tódolos públicos, con especial protagonismo para os cativos.

Por segundo ano o concello de Ribeira participará no Festival Atlántica de Narración Oral que, nesta edición, centrarase nos lavadoiros do municipio.

Algunhas das citas xa tradicionais no verán ribeirense serán as noites de autocine tódolos venres nas parroquias ou o festival Salsa na rúa. Outras se estrearán no calendario estival como o Festival de artistas locais organizado por AMBAR ou a primeira Feira do Vinilo.

A colaboración con outras administracións permitirá contar con destacados artistas como Xisco Feijóo e Iván Ferreiro así como a participación en programas aínda por pechar como Concertos na Fin do Mundo e Cultura no Camiño da Xunta ou as paisaxes Sonoras da Mancomunidade Barbanza Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí