![]()
VILAGARCÍA> Así llo transmitíu a xerencia da empresa ante o peche en Vilaxoan de Conservas Cuca
{flowplayer}images/salnes/FoleReunionCuca_111212.flv{/flowplayer}
Os empregados de Vilaxoán non recibiron a confirmación por parte da empresa de que os seus postos de traballo estaban asegurados malia o peche da fábrica de Vilaxoán. Pois ben, esta garantía sí que a recibíu o alcalde Tomás Fole, que se reuníu coa xerencia da empresa onte á noite.
Os empregos están garantidos. Péchase a fábrica de Vilaxoán e os traballadores, tras seis meses de ERE, poderán incorporarse á planta de Conservas Isabel no Grove. Algo que non se cren nin sindicatos nin traballadores, que tamén se reuniron onte para programar as mobilizacións desta semana.
Segundo Tomás Fole, dende Garavilla aducen problemas de deseño na fábrica de Vilaxoán que lles impide aumentar a producción para ser rentables. Unha decisión empresarial na que o concello non pode tomar cartas no asunto.
As tres partes, concello, empresa e sindicatos seguirán a manter xuntanzas ó longo desta semana co obxectivo de chegar a un acordo. Mentres, os traballadores concentraranse mañá ás once da mañá diante da sé de Cuca en Vilaxoán e para o venres manifestaranse polas rúas de Vilagarcía.
Redacción Salnés







