Desartellada no Barbanza unha rede de cultivo e comercialización de maribuana

    operacionarnon.jpgBARBANZA> A operación, bautizada co nome de ‘Arnón’, saldouse con catro detidos, todos eles veciños de Ribeira, con idades comprendidas entre os 17 e os 33 anos.

    {flowplayer}barbanza/operacionarnon.flv{/flowplayer}

    Axentes da Garda Civil adscritos á Policía Xudicial de Noia, no marco da denominada “Operación ARNON”, conseguiron desmantelar unha rede que se dedicaba ó cultivo e posterior comercialización de marihuana na comarca do Barbanza, fundamentalmente nas zonas de Ribeira e Aguiño. Na operación, os axentes do Instituto Armado puideron deter a un total de catro persoas, unha delas menor de idade, que ademais se dedicaba á distribución da droga nun centro educativo ribeirense. Os detidos son todos veciños de Ribeira, con idades comprendidas entre os 17 e os 33 anos.

    Rexistros domiciliarios

    Despois de realizar varios rexistros domiciliarios en Aguiño e Carreira, nunha das vivendas, alugada por un dos mozos detidos, os axentes atopáronse cun cultivo de cannabis en gran cantidade, así como material para a produción de resina desta planta. Na dita vivenda había tamén un total de 103 plantas de marihuana, máis de tres quilos de folla de marihuana, 15 gramos de resina, básculas de precisión, unha prensa hidráulica e diverso material para o abono e cultivo destas plantas.

    Disposición Xudicial

    Tódolos detidos xa foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número Un de Muros que é quen instrúe o caso, a excepción do menor que foi posto a disposición da Fiscalía de Menores.

    Redacción Barbanza