![]()
VILAGARCIA> O Consorcio do Comercio do Salnés ven de asinar un convenio de colaboración ca empresa Conversia…
{flowplayer}images/salnes/convenio_consorcio_111212.flv{/flowplayer}
… Consulting Group co fin de procurar prezos vantaxosos, con descontos de ata un 20 % segundo a contratación de servicios, para que as empresas asociadas poidan adaptar os seus servicios ás novas normas legais.
En virtude deste acordo, esta empresa fará unha análise de cada caso e proporá a solución axeitada a cada empresa nos eidos de consultoría, asesoría xurídica, auditoría e formación.
O Consorcio do Comercio do Salnés pretende seguir a traballar neste senso, intentando buscar ofertas colectivas para os seus asociados e outras vantaxes; ata o punto de facer fronte común para reivindicar outro tipo de medidas como a rebaixa de impostos ás pemes.
Redacción Salnés







