POBRA> A empresa Congalsa foi seleccionada pola Axencia Galega de Innovación-GAIN para participara na terceira edición do Programa Fábrica Intelixente. O obxectivo deste plan, impulsado pola Consellería de Economía é favorecer o avance do tecido industrial galego cara o modelo 4.0.
Congalsa desenvolverá o seu proxecto de fábrica intelixente en colaboración co Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia ó abeiro dunha convocatoria subvencionada pola Xunta e cofinanciada con fondos FEDER. O orzamento total que suporá a posta en marcha deste plan ascende a catro coma oito millóns de euros ata o 2022 dos que a Xunta subvencionará 1’6 millóns.
Baixo o título Congalsa 4.0, a empresa pobrense implantará medidas de transformación dixital no modelo de industria conectada, reorientando a organización cara un modelo de fábrica intelixente que permita unha reposta máis áxil ás necesidades de cambio do sector. O novo modelo, máis flexible e automatizado, facilitará a interconexión de tódolos procesos. incrementará a axilidade na obtención e análise de datos e incidirá tamén nunha maior ciberseguridade minimizando riscos . Todo co obxectivo de mellorar a competitividade anticipándose mesmo ás demandas do mercado.