Un plan de rehabilitación de vivendas: o golpe de efecto para o rexurdir de Vilaxoán

VILAXOAN> A perda de poboación de Vilaxoán preocupa ao concello de Vilagarcía. O goberno local quere levar a cabo un plan de rehabilitación de vivendas para fomenta-la chegada de novos veciños á zona. O executivo quere tirar de fondos europeos para sacalo adiante. Entre as medidas que ten en mente o executivo, a creación dunha bolsa de vivendas para alugueiro social.

Vilaxoán perde poboación. O seu declive é patente en moitas rúas, onde as casas habitadas conviven con outras que, pouco a pouco, foron esmorecendo.

Ante esta situación, o Concello de Vilagarcía quere poñer en marcha un plan integral de rehabilitación de vivendas para asentar novos veciños.

Ravella tamén ten en mente que o Concello sexa o que se encargue da rehabilitación das vivendas. Faríase a través de cesións.

Polo de agora, Ravella descoñece o número exacto de vivendas deshabitadas ou ruinosas que hai en Vilaxoán. A idea é conseguir toda esta información a través deste plan, que pretendne financiar con fondos europeos.

O goberno local entende que en canto se volvan habita-las casas, a vila rexurdirá co asentamento de novos establecementos. Ravella defende o papel das administracións no proceso de recuperación da zona, co asentamento de novos servizos como a gardería, e comprométese a seguir recuperando as rúas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí