Unións Agrarias reclama a Mesa do Viño para evitar a especulación en Rías Baixas

    SALNÉS> Unións Agrarias reclama a Medio Rural a convocatoria da Mesa do Viño en Rías Baixas. O sindicato pide que se establezan prezos mínimos por enriba dos custos de produción, ademais dunha base de traballo leal e eficaz apra a produción. Un mecanismo para buscar o equilibrio e evitar a especulación entre os adegueiros.

    Convocar a Mesa do Viño en Rías Baixas para deseñar un plan que axude a afrontar a crise derivada da pandemia da COVID-19 no sector. Esta é a reclamación que Unións Agrarias fai á Consellería do Medio Rural.

    Dende o sindicato explican que o confinamento provocou unha caída da vendas debido ao peche da hostalería. Situación que pode dificultar o almacenamento e comercialización da produción da vindeira vendima. Por iso reclaman que se tomen medidas para evitar esta situación.

    E é que preocupa especialmente que haxa adegueiros que busquen especular cos prezos da uva. Algo que podería afectar a todo o sector e, sobre todo, elo máis débil da cadea: os viticultores.

    Unións Agrarias fai extensiva esta reclamación a todas as Denominacións de Orixe Galegas, co obxectivo de trazar un plan de impulso sectorial.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí