O mellor balonmán cadete desembarcará no Salnés

CAMBADOS> O salón de plenos do concello de Cambados acolleu a presentación do I Torneo de Seleccións Territoriais Cadetes. Un campionato no que participarán oito conxuntos, sete españois e un portugués, e que disporá de tres sedes: Meaño, Sanxenxo e Cambados, nos pavillóns do Coirón, Baltar e O Pombal.

{flowplayer}images/salnes/PtacTorneoCadete_201212.flv{/flowplayer} 

Do 28 ó 30 do presente mes de decembro dispútase o I Campionato Cadete Comunidad de Galicia. Celébrase como substituto do Campionato de España de 2013, que foi aprazado polo Consello Superior de Deportes. 

Un campionato no que particpan oito seleccións territoriais, sete españolas e a portuguesa, de Oporto, tanto en categoría masculina como femenina. Estarán, Galicia, Extremadura, Cantabria, Castela e León, Madrid, Asturias e Euskadi. Os anfitrións debeutarán contra os extremeños o día 28 ás 16:30: eles xogarán en Cambados e elas en Meaño. As finais están programadas para o día 30, a femenina en Coirón ás 11:00 e a masculina ás 12:30 no Pombal.

Con este torneo, os alcaldes dos municipios protagonistas, pretenden incentivar o interese dos rapaces polo deporte e polo balonmán. Tamén terá a súa repercusión positiva a nivel económico, xa que moverá a máis dun milleiro de persoas pola comarca durante ese días, 300 deles, xogadores.

Redacción Salnés