Medio Rural probará un aditivo para a auga que retarda a combustión

    PLADIGA2011 copia.jpg SALNÉS> É unha das novidades do Plan de Prevención de Incendios 2011. A outra, incorporar GPS para medir as zonas queimadas.

    {flowplayer}images/salnes/PLADIGA_2011.flv{/flowplayer}

    Cunha plantilla de 6.052 efectivos e 39 equipos para a extinción de lumes, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, presentou o Pladiga 2011 como un ‘dispositivo potente e eficaz’ para combater os incendios forestais. Estará dotado cun orzamento total de 104 millóns de euros. Entre as melloras técnicas que recolle, salientan a substitución de dous helicópteros de extinción por avións lixeiros, un cambio que segundo o titular de Medio Rural, ofrecerá máis operatividade e permitirá reducir os custes. Tamén se incorpora o uso de GPSs por parte de axentes forestais e técnicos para medir con exactitude a superficie queimada naquelas zonas onde se rexistrase un lume.

    Outra das novidades que se introduce este ano no Pladiga é o uso experimental de ‘Licet’ un aditivo que se disolve en auga. Pode empregarse como cortalumes durante unha operación de extinción, ou ben aplicarse á vexetación dunha zona na que se declarou un incendio. O que fai esta substancia é frear durante uns días a combustión, impedindo así que a planta arda.

    Redacción Salnés