Ruíz aposta pola accesibilidade ó dotar de sentido único a Rúa Castelao

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira saíu ó paso da polémica xerada en torno o proxecto de transformación da fachada marítima de Aguiño. Manuel Ruíz defende o sentido único na rúa Castelao para dotala de beirarrúas accesibles que permitan o tránsito de peóns e, sobre todo, de persoas con mobilidade reducida.

Os cambios propostos no proxecto de remodelación da fachada marítima da parroquia de Aguiño, concretamente ós referidos á rúa Castelao, motivaron as queixas dun grupo de veciños. O alcalde defende a necesidade de dotar á vía dun único sentido, en aras da accesibilidade.

Manuel Ruíz non ten dúbida de que as críticas ó proxecto, impulsadas polo partido da oposición PBBI que presentou unha moción ó respecto, responden a motivacións políticas e non urbanísticas.

Dende o concello explican ademais que o cambio na rúa Castelao é só unha parte dun ambicioso proxecto orzamentado nun millón de euros que cambiará por completo o bordo litoral de Aguiño. Construirase un paseo marítimo ata a zona da Cobasa onde se creará un área de lecer. Procederase tamén á reordenación dos accesos ó porto coa construción dunha rotonda, o que permitirá gañar terreo para unha praza pública de uso veciñal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí