Caldas, Meaño, Ribadumia e Poio reciben novas axudas provinciais

    PONTEVEDRA> Como cada venres, a Deputación de Pontevedra celebrou hoxe Xunta de Goberno. Nesta última sesión por este ano 2012…

    {flowplayer}images/salnes/xunta_goberno_deputacion.flv{/flowplayer}

     … destacamos a aprobación de dez proxectos incluídos dentro do Plan de Investimentos da Deputación que suporán unha achega total de case un millón setecentos mil euros. Estes cartos beneficiaran a varios Concellos da Provincia, entre eles varios das Rías Baixas, como son Poio, Meaño, Ribadumia e Caldas.

    No caso de Poio, os algo máis de setenta e tres mil euros que achega o Ente Provincial serán empregados na execución da rede de saneamento da Puntada. Nos Concellos de Meaño e Ribadumia a partida sumará preto de 169.000 euros.

    No tocante a Caldas o orzamento que aporta a Deputación ascende a 192.300 euros destinados a construír unha pista de tenis e unhas piscinas na zona da Tafona; unha actuación da que o Presidente Provincial cuestionou a súa prioridade nestes tempos.

    Nesta xunta de goberno provincial aprobáronse tamén as bases que regulamentarán as subvencións á cultura durante o vindeiro exercicio 2013.

    Outros asuntos aprobados nesta Xunta de Goberno, entre outras cousas, foron a achega provincial destinada á reforma da Confraría do Grove ou os últimos acordos para mellorar o acceso o pontevedrés Hospital de Montecelo pola estrada de Ourense, desde o cruce do Marco.

    Redacción Salnés