A Xunta manterá o seu papel como intermediario no conflito de Lantero

    VILAGARCÍA> A Xunta non recibiu ningunha petición de axuda por parte de Lantero. Así o asegurou esta mañá o conselleiro de Economía. Francisco Conde non entrou a valorar a complicada situación que está a vivir a empresa, e asegurou que o goberno autonómico seguirá facendo de intermediario sempre que se lle reclame.

     

    Dende a Xunta, agardan que o conflito que está a atravesar Lantero finalice cun acordo entre empresa e traballadores. Segundo o Conselleiro, o goberno autonómico nunca recibiu ningunha petición de axuda por parte da compañía.

    Lantero non é a primeira compañía da comarca que atravesa problemas. O tecido empresarial arousá ven de perder nos últimos anos case todas as empresas con máis de 50 traballadores. Sobre esta circunstancia, Conde asegurou que a Xunta apoia as compañías con dificultades ademais de axudar os novos proxectos.

    Sobre as axudas públicas que recibiron moitas destas empresas que agora teñen problemas, o conselleiro insistiu que dende a Xunta de Galicia se vixía o cumprimento dos condicionantes e a utilización eficaz dos recursos públicos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/18/conselleiro_lantero_empresas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/18/conselleiro_lantero_empresas.mp4{/flowplayer}