Más de 200 profesionais participarán no Congreso de Odontoloxía de Noia

NOIA> O vindeiro xoves día cinco de xullo arranca en Noia o segundo Congreso de Actualización Clínica en odontoloxía. Máis de douscentos expertos participarán nesta cita profesional que xa se está a consolidar a nivel nacional. A principal novidade desta edición será a xornada de portas abertas que se desenvolverá o xoves coa conferencia a cargo do ex embaixador de España no Vaticano, Francisco Vázquez. O venres e o sábado terá continuidade o programa de expertos con destacados profesionais como Nicolás Ferraro, Francisco Naveiras ou José Antonio Vega, entre outros. O congreso inclúese este ano no pograma de actividades para conmemorar o 850 aniversario de Noia polo que ademais de formación ofrecerase tamén unha ampla oferta lúdica e turísitca para os asistentes e acompañantes.