Decembro deixa mil novos parados entre Salnés e Barbanza

    fotoparocopia.jpgRÍAS BAIXAS> Galicia é unha das únicas catro comunidades que viu incrementado o número de desempregados no último mes do 2012.

    {flowplayer}images/salnes/DatosParo030113.flv{/flowplayer}

    En total, 2.250 parados máis que no mes de novembro e 20.500 máis que fai un ano. Con estes datos Galicia colócase como a comunidade na que máis subiu o paro no último mes do 2012, unha cifra aínda máis preocupante se nos fixamos en que a tendencia no conxunto de España é positiva.

    Os municipios de Arousa seguen tamén esta tendencia e ó longo do 2012 incrementaron o número de parados nun 8 por cento na comarca do Salnés. Os datos fíxoos públicos o Ministerio de Emprego, e revelou tamén que 13 das 17 comunidades viron reducidas as súas cifras.

    Andalucía, con case 27.000 parados menos é a que máis reduciu a súa taxa, pero a pesares de exemplos coma este, o ano péchase con case 4.900.000 desempregados en España, unha porcentaxe un 9,64 por cento maior que no ano 2011.

    Respecto ó mes de novembro a baixada produciuse sobre todo no sector servizos, entre o colectivo sen emprego anterior e na agricultura.

    Pola contra subiu no sector da construción e na industria. Por provincias, A Coruña é a que presenta o peor comportamento de toda España. A 31 de decembro sumaba case 110.000 demandantes de emprego, 1.750 máis que en novembro e 8.300 máis que fai un ano. E é que a Coruña por si soa suma o 79 por cento dos novos desempregados de Galicia.

    No ránquin séguea Pontevedra, a segunda que rexistra os peores datos É a provincia con máis demandantes inscritos nos servizos públicos de emprego; 110.000. Son 555 máis que en novembro e 7.500 máis que fai doce meses.

    No Salnés, no mes de decembro tódolos Concellos a excepción de Moraña aumentaron a cifra de parados con respecto ó mes anterior. Os incrementos máis fortes son ós de O Grove, con 116 parados máis, e Cambados, con 99

    E se os datos son malos peores son as expectativas. Segundo a previsión dos empresarios galegos, durante os dous primeiros trimestres deste 2013 a destrución de emprego na nosa comunidade colocaranos no peor momento da crise. Se as súas previsión se cumpren, para o mes de xuño poderíamos romper a barreira dos 300.000 parados.

    Redacción Salnés