Outra familia arousá no banquiño por branqueo de capitais

     PONTEVEDRA> O falecemento de Barroso hai agora dous anos fai que sexan a súa muller, os seus tres fillos e unha irmá os que teñan responder en solitario.

    {flowplayer}images/salnes/XuizoManuelBarroso.flv{/flowplayer}

    O supostos problemas co alcoholismo do falecido Manuel Barroso, serían os que supostamente terían acabado coa relación desta familia co seu pai. Din que nin sequera sabían nin as propiedades que tiña ó seu nome nin os seus ingresos. Así quixeron os acusados desvincularse de Barroso, quen xa fora condenado a prisión no ano 2004 por unha descarga de 800 quilos de cocaína.

    Anos traballando de modista, limpando casas, e aforrando. Así o terían feito tamén, segundo declararon esta mañá, os seus fillos.

    Aforros cos que crearon a sociedade vinícola Monte Grande, na que segundo eles, o seu pai non tería nada que ver, nin en cartos nin en traballo. A relación ademais era moi mala. 

    Así é que esta adega sería a principal forma de explicar os seus ingresos. Fincas, coches e xoias que sumarían un patrimonio de máis dun millón de euros, acadado supostamente a través da venta de viño. Unha venta da que non se declaraba nada e por si fora pouco, a adega inflaba tamén as facturas da maquinaria e posta en marcha para pedir subvencións e quedarse coa diferenza.

    Ilegal, dende logo, pero segundo eles, non branqueo. A única que se desvinculou da sociedade foi a irmá do falecido. Quen dixo ter formado parta da mesma só por petición do seu irmán e sen aportar diñeiro ningún, aínda que negou ter constancia de que fora para branquear cartos. A falta de declarar as testemuñas, a vista quedou suspendida ata o vindeiro xoves.

    Redacción Salnés