Buscar a eficiencia na loita contra o narcotráfico

     VILAGARCÍA> A FGCN organiza un foro de debate entre profesionais.

    {flowplayer}images/salnes/PtacForoNarcotrafico_160113.flv{/flowplayer} 

    O Xefe Superior da Policía de Galicia, o Fiscal Antidroga de Pontevedra o xefe da EDOA da Garda Civil ou xuíces de recoñecido prestixio como Marisol López Martínez ou José Antonio Vázquez Taín. Estes serán algúns dos persoeiros que debatirán no foro que organiza este venres a Fundación Galega contra o Narcotráfico no Centro de Formación Marítima de Bamio.

    O obxectivo deste encontro é recoller propostas que permitan aumentar a eficacia da loita contra o tráfico de drogas, baseándose nas suxerencias e o coñecemento dos profesionais que traballan en contacto directo con este problema dende diferentes puntos. 

    Entre os temas a tratar estarán a adiministración dos patrimonios incautados ó narcotráfico, a intervención das comunicacións, é dicir, as escoitas telefónicas, e a necesidade de crear unidades xudiciais especializadas neste tema. 

    O foro dará comezo ás 09:30 e rematará contra as 14:30 horas. Este encontro plantéxase en clave profesional polo que o acto non será aberto ó público.

    Redacción Salnés