Os comerciantes de Vilagarcía declaran a guerra as tendas que non cobran pola bolsa de plástico

VILAGARCÍA> Os comerciantes de Vilagarcía declaran a guerra as multinacionais establecidas na vila que continúan introducindo os seus produtos en bolsas de plástico sen custe algún, a pesar de que está prohibido facelo dende o 1 de xullo.
Zona Aberta, a asociación de comerciantes de Vilagarcía, denunciou ante a Xunta de Galicia que as grandes firmas multinacionais que se asentan na vila continúan a distribuír bolsas de plástico sen cobralas previamente. Unha situación que denuncian os comerciantes do municipio.
O real decreto que traspoñía ao ordenamento xurídico español unha directiva europea en materia de loita contra a contaminación derivada dos envases. Como consecuencia todos os establecementos comerciais, están obrigados dende o 1 de xullo a cobrar as bolsas de plástico. Unha situación que na rúa non gusta a todo o mundo.
A maioría de estas bolsas son de un só uso, e tardan unha media de 100 anos en descompoñerse en función do seu espesor. A partir do 2020 prohibirase o uso de bolsas de plástico, e as máis grosas terán que dispoñer de un 50% mínimo de plástico reciclable.