![]()
PONTEVEDRA> A actividade urbanística de Pontevedra cae enteiros a cada mes que pasa e as previsións apuntan a que todo irá a peor,…
{flowplayer}images/salnes/comision_urbanismo_ponte.flv{/flowplayer}
… a non ser que os Goberno medien con algunha medida de dinamización. O edil responsable de Urbanismo nesta Cidade do Lérez, Antón Louro, baseaba estas previsións, á raíz dunha comparativa entre a evolución dos dous anos anteriores. Se neste balance do 2011 e o 2012 o urbanismo pontevedrés a penas mantiña o tipo, a falla de investimento tanto público como privado e a suba do IVE do 4 ó 10 % nas xestións inmobiliarias fan que as previsións para o 2013 tornen negras.
Atrás quedan os tempos nos que as peticións de licencias para vivenda ascendían ás 1.200 de media fai tan só uns cinco ou seis anos. Agora desde o Goberno Municipal agardan a que este freo na construcción supoña un pulo para os alugueiros e mercados de segunda man.
Desde o Goberno bipartito de Pontevedra reclaman dos executivos Central e Autonómico que máis aló das actuais medidas de austeridade poñen en marcha outro tipo de accións, desta volta destinadas a redinamizar a economía para evitar, tal e como se ten medo desde Europa, a que a situación se volva irrecuperable.
Redacción Salnés










