Pena Abad tranquilo ante a posible moción

     CUNTIS> Considera que viría dada polo interés da oposición de retomar o poder e non pola súa mala xestión

    {flowplayer}images/salnes/AlcaldeCuntis_170113.flv{/flowplayer} 

    Coa conciencia moi tranquila por ter traballado por Cuntis dende o primeiro día que chegou á alcaldía. O certo é que PSOE e BNG xa gobernaron xuntos de 2007 a 2010, ano no que se rompeu o pacto. Pena Abad considera que a posible moción de censura viría dada por un interés da oposición de retomar o poder político e non propiciada pola súa mala xestión.

    Na actualidade o PP goberna en Cuntis con cinco edís, lonxe dos sete que dan a maioría absoluta. Catro ten o PSOE e catro os exnacionalistas do BNG, que abandonaron a formación cando se abríu a crise interna no seu partido. No propio seo do PSOE tanto a nivel local, como provicial e autonómico, existen discrepancias sobre a idoneidade de presentar a moción. Con todo, Antonio Pena non descarta que finalmente se leve a cabo. 

    O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou Cuntis para analizar os desperfectos ocasionados pola chuvia nunha estrada do municipio. Aproveitou a ocasión para amosar o seu apoio ó rexedor cuntiense.

    Redacción Salnés