As melloras das sedas peonís serán as principais tarefas do obradoiro de emprego de Moraña e Valga

VALGA, MORAÑA> Valga e Moraña poñen en marcha a sexta edición do seu obradoiro de emprego conxunto. 20 mozos de ambas vilas formaranse nas especialidades de carpintería e xardinería. As súas tarefas destinaranse a mellorar os sendeiros e os elementos patrimoniais de ambos concellos.

Traballar xuntos por un obxectivo común. Con esta premisa os concellos de Valga e Moraña alíanse para formar e axudar a integración laboral dos seus veciños desempregados. A unión está resultado exitosa e ambas vilas presenta a sexta edición dos seus obradoiros de emprego. Onde 20 participantes formaranse nas especialidades de xardinería ou carpintería.

O alumnado recibirá unha prestación á vez que se forman realizando diferentes tarefas en beneficio do concello. En Moraña porase especial interese nas sendas peonís.

No caso de Valga, ademais das sendas tamén se actuará nos elementos patrimoniais.

O obradoiro terá unha duración de 12 meses e os participantes, ademais de recibir o salario tamén obterán un certificado de profesionalidade. Dende ambas vilas agardan que os participantes poidan integrarse no mercado laboral garantindo os seus coñecementos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí