PoioEscena ofrecerá unha obra teatral cada mes

     POIO> Será o último venres de cada mes en Samieira, Raxó e Combarro

    {flowplayer}images/salnes/PoioEscena_230113.flv{/flowplayer} 

    As asociacións de Raxó, Samieira e a Armadiña viñan realizando nos últimos anos diferentes actividades culturais en torno ó teatro. Asi mesmo, o concello promovía o PoioEscena dende 2010, cada mes de novembro. A crise obrigou a aunar esforzos e crear un único ciclo de teatro que se prolongará durante todo o ano. Levará o mesmo nome de PoioEscena e contará cunha actuación mensual, o último venres de cada mes ás 21 horas.

    O ciclo arrancará en Samieira para logo pasar por Raxó e Combarro e repetir esta mesma orde ata o mes de xuño, cando se presentarán as actuacións do segundo semestre.

    O grupo Lúa Chea coa obra 'Como está o servizo' será o encargado de iniciar este ciclo. Toda a programación pódese atopar ben no facebook de PoioEscena ou na web do concello. O prezo das entradas colocarase a un máximo de tres euros, se ben os membros de calquera das asociacións organizadoras terán descontos.

    Redacción Salnés