A ANPA do CEIP Cruceiro esixe respostas ante a paralización do Revel

     SANXENXO> Din estar fartos de escoitar mentiras e síntense preocupados polo estado das instalacións do antigo colexio, no que incluso din, hai ratas nas aulas.

    {flowplayer}images/salnes/ProtestaPaisCeipVilalonga.flv{/flowplayer} 

    Na súa visita á nova gardería do Revel a alcaldesa atopouse cun cento de pais que protestaron ruidosamente pola paralización do proxecto de construcción do novo colexio. As críticas centráronse basicamente en dous puntos: a reducción da partida da Xunta para esta actuación, que baixou dos 400.000euros de 2012 ós 150.000 en 2013 e a lentitude no proceso de expropiación dos 3.000 metros cadrados necesarios para levar a cabo a obra. Para iso hai que chegar a un acordo cos propietarios da finca.

    O proceso sería máis rápido polo tanto se se chega a un acordo coa familia e non hai que recurrir á expropiación. Segundo Catalina González, todos queren que o colexio se poida construír o antes posible, pero non se poden saltar os pasos que marca a lei. 

    En canto ó orzamento presentado pola Xunta, os pais consideran que é irrisorio, mentres que González apunta que a cantidade podería aumentarse nos próximos anos. 

    Os pais dos alumnos do CEIP Cruceiro seguirán a mobilizarse xa que contan, o actual colexio sufre graves deficiencias na estructura e alertando da presenza de ratas nas aulas.

    Redacción Salnés