Horsal busca novos productores para cubrir a demanda

     VILANOVA> Horsal presentou unha campaña de captación de productores coa novidade de que non haberá que facerse socio da cooperativa para formar parte dela

    {flowplayer}images/salnes/HorsalVilanova_290113.flv{/flowplayer} 

    O sector mexilleiro e a horta continúan a ser do máis própspero no Salnés. Así o confirma a inicitva que ven de impulsar a cooperativa Horsal. Arestora non son quen de cubrir o que lle demanda o mercado por falta de producción. Por iso animan tanto a productores expertos como ós que non o son tanto a formar parte da cooperativa.

    A maior vantaxe que ofrecen, ademais de colocar o producto no mercado, e que durante os vindeiros meses non será necesario pagar a cuota de socio.

    O concello de Vilanova é o primeiro en apoiar esta proposta se ben poderían unirse moitos máis. Dende o consistorio xa se traballa na realización dun calendario de xuntanzas con veciños das diferentes parroquias para animalos a participar desta nova iniciativa. A primeira será este venres en Corón.

    Dende Horsal apuntan a que o único que requerirán será un control na cantidade e na calidade que se axuste ó seu programa de producción. Ven nesta iniciativa unha oportunidade para aqueles xóvenes en paro que non atopan a entrada no mercado laboral.

    Redacción Salnés