Preocupación en Arousa pola cría descontrolada de cans potencialmente perigosos

CAMBADOS> Aumenta na nosa contorna a cría sen control de cans potencialmente perigosos. Boa parte das vendas lévanse a cabo a través das redes sociais. Moitas deses cans son considerados “cruces aberrantes” contrarios á lei de protección animal de Galicia. Os expertos crer que aínda queda moito para concienciar á sociedade da necesidade de facerse con estas mascotas só por vías legais.

A través da internet, sen garantías e á marxe da lei. O aumento da cría sen control de cans potencialmente perigosas preocupa ás protectoras. En parte, porque moitos deles acaban indo parar a refuxios como este, en Cambados. Moitos deles, son denominados cruces “aberrantes”.

O problema vai a máis co auxe das redes sociais, onde as compravendas, doazóns ou intercambios deste tipo de cruces é tan frecuente como ilegal.

Estes animais, adquiridos de xeito irregular, sáltanse os requisitos da lei de protección animal de Galicia, algo que acaba repercuntindo nas pretecctoras.

Os considerados cans de raza perigosa teñen necesidades específicas, como unha educación en positivo, moita socialización con persoas e outros animais e contacto diario co mundo exterior. Os problemas chegan, di Olga, cando esa mascota acaba nas mans do que non sabe.

Neste momento nestas instalacións de Cambados hai 7 cans das considerados de razas perigosas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí