Cincuenta mil galegos poderían padecer linfedema

     VILAGARCIA> Algún de vostedes poderían padecer, sen sabelo, un linfedema; unha enfermidade crónica e progresiva que se caracteriza…

    {flowplayer}images/salnes/dia_linfedema_05032013.flv{/flowplayer}

    … pola inchazón dun membro inferior ou superior do noso corpo que pode chegar a estados moi graves, as tan temidas elefantiasis. Esta doenza pode se nacer con ela ou vir derivada dalgunha operación ou enfermidade concreta, especialmente do cancro de mamá. Ate o de agora non se coñece cura, pero colléndoa a tempo pódense minimizar notablemente os seus efectos.

    Estes datos e moitos outros sobre esta enfermidade son os que achegan desde a Asociación Galega de Linfedema nas moitas actividades divulgativas que organizan estes días nas Rías Baixas co gallo da conmemoración este día 6 de marzo, do día Internacional do Linfedema.

    En todos eles intentarase afondar no coñecemento desta enfermidade que pode afectar a uns 50.000 galegos, moitos deles aínda por diagnosticar. Un tercio destes afectados sofren linfedema despois de vérense afectados por un cancro de mama, sendo os dous terceiros dos casos restantes consecuencia directa doutras intervencións ou cancros. Malia o estendido destas doenzas, na nosa Comunidade aínda non hai ningún centro público especializado no tratamento do linfedema; razón pola cal esta Asociación loita polos dereitos dos posibles afectados desde o ano 2004 no que se creou.

    A Asociación Galega de Linfedema continuará nos vindeiros días cas súas accións divulgativas. Este mércores pola mañá disporán unha mesa informativa no Hospital de Montecelo; o día 15 organizan unha charla informativa na Illa con varios especialistas e o día 23, neste mesmo Concello, argallan unha gala benéfica no Auditorio deste mesmo municipio.

    Redacción Salnés