VILAGARCÍA> Os nacionalistas insistiron na necesidade de fomentar políticas de emprego entre a mocidade, sobre todo nunha comarca como a do Salnés.
{flowplayer}images/salnes/EmendasBngOrzamentos_300113.flv{/flowplayer}
Os nacionalistas presentaron un extenso documento no que fan referencia ás actuacións que debería acometer a Xunta e que segundo din, son imprescindibles. Montse Prado, deputada no parlamento de Galicia, asegurou que con estas emendas poderíanse cubrir e compensar as necesidades dunha das comarcas máis castigadas pola crise, a do Salnés. Iso si, aseguran que debería haber un cambio nas políticas fiscais, para que paguen máis os que máis teñen.
Para o BNG é fundamental a creación de emprego, sobre todo entre a mocidade. En canto a outras actuacións específicas en materia de infraestuturas esixiron a inclusión nos presupostos de melloras na Vía Rápida, na estrada de Caleiro, a Edar de O Grove ou a realización dun estudo para o derrubamento do encoro do Umia. Segundo Prado, dende a súa construcción só trouxo problemas.
En materia de educación incluirán nas emendas as ampliacións do colexio e instiuto de A Illa e as melloras do Xulio Camba e o Magariños. Tamén pediron un aumento da partida para o novo colexio de Vilalonga.
Tampouco se esquencen os nacionalistas da Sanidade. Entre as emendas máis destacadas, a construcción da Unidade de Coidados Intensivos no Hospital do Salnés.
Todas estas propostas debatiranse neste mes de febreiro no parlamento. O BNG agarda que algunha delas poida ser aceptada e investir así no Salnés.
Redacción Salnés