As vendedoras de verdura da praza agrúpanse para dar forza ás súas reclamacións

    VILAGARCÍA> As vendedoras de verdura da Praza de Abastos de Vilagarcía agrúpanse para facer forza nas súas reclamacións. Esta tarde presentaron oficialmente a nova asociación, que a vindeira semana manterá unha xuntanza co concello para plantexar os seus problemas.

    Xa hai dous meses que naceu, pero a asociación das vendedoras de verdura da praza de abastos deuse a coñecer esta tarde ao público.

    Máis de 80 persoas compoñen esta asociación, pensada para servir de altofalante ás súas demandas.

    O xoves da vindeira semana está previsto que manteñan unha xuntanza co concello. Aínda que sobre a mesa do encontro poderían estar cuestións como a reclamación dun novo espazo para os seus postos ou o problema da escaseza de aparcadoiros no entorno da praza, a súa presidenta asegura que van coa mente aberta.

     

    Na súa axenda a medio prazo tamén figuran outras accións, como a posta en marcha de campañas publicitarias dos seus postos e produtos, aínda que a súa idea é avanzar pouco a pouco.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/praceiras_verduras.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/28/praceiras_verduras.mp4{/flowplayer}