As formacións do cuadripartito de Cambados achegan posturas para pechar a organización do goberno

CAMBADOS> O acordo de goberno do concello de Cambados está preto de pecharse. As formación achegan posturas para determinar as áreas de goberno e as liberacións dos concelleiros. Nestas negociacións non está participar Cambados Pode. Segundo explicou José Ramón Abal, a súa formación xa ten pactadas as áreas de Enoturismo, Obras e Servizos e seguridade cidadá. O líder de Cambados Pode tamén adiantou que haberá catro liberacións, unha por cada formación.

Os partidos políticos que formarán parte do cuadripartito que gobernará Cambados nos vindeiros catro anos, achegan posturas para determinar a organización do goberno. O alcalde, Samuel Lago, agarda poder anunciar o acordo nos vindeiros días.

Os principais obstáculos déronse entre Somos Cambados e o BNG en asuntos relacionados coas áreas de goberno e as tendencias de alcaldía. 

Nestas negociacións no está participar Cambados Pode. Jose Ramón Abal explica que non se sentará a negociar ata que as tres formacións de esquerdas non se aclaren. Tamén indica que as áreas que levará a súa formación xa estaban pactadas.

A estas áreas hai que engadir enoturismo. Jose Ramón Abal tamén adiantou que as liberacións serán unha por cada formación.

A pesar de todas estas complicacións no comezo das negociacións, o alcalde de Cambados, Samuel Lago, confían en que o cuadripartito será beneficioso para o concello.

Aínda non hai data para celebrar o pleno de organización, o concello terá como máximo ata o día 17 de xullo para realizalo.