![]()
O GROVE> O feito durante o anterior goberno cuadripartito grovense, despois vido a tripartito, liderado polo socialista José Antonio Cacabelos,…
{flowplayer}images/salnes/pleno_grove.flv{/flowplayer}
… foi posto en tea de xuízo duramente durante o pleno celebrado onte. O seu ex-socio de goberno, Alfredo Bea, defendeu a contratación do que fora número dous do Partido Galeguista Víctor Otero, como xefe de Protección Civil e asesor de emerxencias, contraatacando ó ex-rexedor con trapos sucios da súa xestión como rexedor.
Bea destapou contratacións “dubidosas” que Cacabelos fixera no seu día do seu cuñado socialista Francisco Manuel Álvarez Sanmartín, “Pacucho”. Lembrou tamén o caso no que se relacionará a “escurantista” xestión de Cacabelos cunha obra realizada polo despacho de arquitectos onde traballaba seu irmán. Outro punto importante deste pleno foi a aprobación da tan traída e levada ordenanza de praias do Grove; que saíu a favor únicamente cos votos do Goberno contando ca negativa do PSOE e a abstención do BNG.
En base a esta nova norma prohíbese prender lume na praia, salvo en eventos autorizados; ou empregar as duchas ou demais mobiliario urbano dos areais para outros fins distintos ós que foron creados ou que contaminen o medioambiente.
Redacción Salnés









