Autoridades e empresarios achegan posturas nunha comida de traballo

     VALGA> No encontro participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana e o delegado territorial, Cores Tourís, entre outros.

    {flowplayer}images/salnes/ComidaEmpresariosValga_010213.flv{/flowplayer} 

    O Restaurante Casa José, en Valga, foi o punto de encontro entre autoridades e os propietarios das 14 maiores fábricas de Valga. Unha comida de traballo que se ven celebrando dende hai anos, impulsada dende o propio concello, e na que os empresarios trasladan as súas preocupacións e problemas laborais ós representantes da Xunta para que estes tomen nota e poidan aportar solucións.

    Rosa Quíntana destacou a importancia que ten a celebración de encontros coma estes xa que son os propios empresarios os que mellor coñecen cal é a verdadeira situación real e os problemas xerados pola crise. 

    En representación dos empresarios, falou o presidente de Extrugasa, Andrés Quinta, que alabou o traballo feito polos seus compañeiros durante o 2012. Avisa que, malia que neste municipio están a capear o temporal, non se pode baixar a guarda.

    Redacción Salnés