Amigos de Galicia e Alcampo comezan unha nova campaña de doazóns de materiais escolares

VILAGARCIA> Alcampo e Amigos de Galicia colaboran nunha nova campaña de Nas súas mochilas, o seu futuro. A iniciativa está destinada á recollida de material escolar para garantir as necesidades escolares dos nenos e nenas con menos recursos. Dende ambas entidades fan un chamamento á participación da cidadanía debido ao incremento de familias que precisan esta colaboración.

O inicio do curso escolar supón unha importante cantidade de gastos para os pais e nais en materiais escolares. Un desembolso que moitos proxenitores non poden asumir. Para colaborar con estas familias, Alcampo Vilagarcía e a Fundación Amigos de Gálicia únense nunha nova campaña de Nas súas mochilas, o seu futuro.

As mochilas conteñen o material escolar que os menores necesitan. Este ano ademais con pendrives debido ao aumento das novas tecnoloxías na ensinanza.

Dende Alcampo sinalan que con esta campaña solidaria tratan de garantir unha educacións igualitaria.

Son varias as posibilidades de colaborar coa campaña, xa sexa mediante doazóns económicas ou de material escolar.

A campaña estará activa do 16 de agosto ao 15 de setembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí