As traiñeiras volven ao mar con tódalas medidas de seguridade

VILAXOÁN> Coa nova normalidade, os equipos de remo poden volver a adestrar no mar. As traíñas saen a adestrar cumprindo coas medidas de prevención aprobadas pola secretaría xeral do deporte. Nun mes comezará unha liga na que no participarán 8 equipos por medo aos contaxios, entre eles dous da contorna, Amegrove e Ribeira feminino.

Coa nova normalidade, a secretaría xeral para o deporte deu o visto bo ao protocolo de prevención presentado pola liga galega de remo. Esta aprobación permite que os clubs de remo poidan adestrar no mar tras case tres meses sen facelo.

Para poder adestrar é necesario que os clubs cumpran coas medidas de prevención.

Os clubs teñen agora por diante só un mes para prepara a liga adestrando no mar. O que condicionará esta liga 2020.

Na liga, finalmente, non participarán 8 equipos por medo ao contaxio, entre eles Amegrove e Ribeira feminino. Os que si o fagan deben respectar as medidas sanitarias. Ademais a liga fará un seguimento dos remeiros para evitar contaxios.

Na liga A participarán 8 equipos da contorna. Vilaxoán que aspira a loitar polos primeiros postos, mecos, Rianxo e Cabo b que agardan estar na zona media alta e Muros e Esteirana que tentarán de evitar o descenso. Na liga feminina Cabo loitará pola vitoria mentres que Rianxo debutará na competición co obxectivo de formarse na liga. Á categoría b volve a Pobra coa vista posta no ascenso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí