VILAGARCIA> Vilagarcía centrará na poesía a semana da muller. A vila presenta diferentes actividades para dar a coñecer a importancia das mulleres dentro do campo da poesía. Terá lugar do venres 7 ao venres 14 e contará coa presenza de 9 poetas.
Vilagarcía presentou este luns a programación da Semana da Muller e Cultura. Do 7 ao 14 de outubro a vila celebrará diferentes actividades para poñer en valor o papel da muller nos diferentes campos profesional. Esta edición estará dedicado ás mulleres poetas.
Dende o CIM decidiron centralo na poesía pola falta de valoración e representatividade que sofren as mulleres poetas.
As actividades comezarán o venres 7 cun espectáculo poético na rúa. Continuarán cun obradoiro titulado as mulleres esquecidas, un faladoiro sobre as poetas galegas e rematarase con outro espectáculo poético. A seguinte actividade terá lugar o sábado 9 coa celebración dun obradoiro didáctico de regueira e a semana porase fin o venres 14 co último espectáculo poético. En total serán nove poetas galegas as que participen na semana da muller e cultura.
Todas as entras son de balde pero é necesario inscrición previa para participar no obradoiros. A inscrición pode facerse nas instalacións do Cim e de forma online.