O IV Obradoiro de Hostalería do Salnés estréase

     O GROVE> Un cup, unha decostrucción dun caldo, un rulo de tenreira e unha sobremesa é o menú que ofreceron hoxe os alumnos…

    {flowplayer}images/salnes/xornada_gastronomica_aecc.flv{/flowplayer}

    … da cuarta promoción da Escola Obradoiro de Hostalería da Mancomunidade do Salnés no Centro Educativo da Lanzada, no Grove.

    Os primeiros comensais que foron convidados a comer esta primeira preparación foron uns 25 membros das asociacións da contorna da Asociación Española contra o Cancro. Con este convite os alumnos quixeron ó tempo practicarse no aprendido no curso e homenaxear a labor altruísta deste colectivo.

    Unhas 36 persoas traballaron na preparación e servicio deste xantar dentro da actividade docente que supón esta escola obradoiro de hostalería que estará vixente ata o mes de xuño. Nel estanse a formar cadanseus 3 grupos de doce persoas nas especialidades de cociñeiros, camareiros de bar e restaurante e camareiros de pisos.

    Redacción Salnés