Os desfiles de Entroido invaden ó Salnés

     O SALNÉS> Se algo sobrou neste Entroido foron temas para murgas: as coplas das comparsas tiveron abondo…

    {flowplayer}images/salnes/desfiles_entroido.flv{/flowplayer}

    … de onde tirar para facer as súas sátiras: a crise, as andainas da familia Real, a corrupción política ou o paso da volta ciclista son algúns dos temas máis recorrentes nas chirigotas á galega que estes días podemos escoitar no Entroido do Salnés e do que xa tivemos un avance este domingo do Auditorio de Vilagarcía. Aquí, comparsas de toda a Arousa fixeron ás delicias do público sacando punta a actualidade en ton de humor e ó ritmo das últimas cancións de moda para falar de temas tan serios como é o declive das conserveiras da Arousa co traslado de Cuca a Vilaxoán co último dos seus tristes capítulos. Tamén o paso da volta de ciclista o ano pasado e o recunque da mesma neste verán estivo presente en moitas letras, especialmente naquelas comparsas procedentes do Grove. E entre os políticos recorrentes cabe salientar ó Presidente do Goberno Mariano Rajoy, como non podía ser doutro xeito, e a nivel comarcal, Fredi Bea, volve a repetir no cabeceiro de políticos polémicos no Entroido. No tocante á familia máis famosa cabe destacar, como non, a familia Real española, especialmente o referente ó Rei e o seu xenro Urdangarín.

    Don Carnal tamén reinou en Cambados onde centos de persoas se deron cita nunha gran festa de disfraces no Salón José Peña. Ó son da música disco do DJ Studio 21 e das charangas Krazzy Cabuxas e Vellas Glorias de Vilanova; e co humorista Isi como mestre de cerimonias, desfilaron desde os disfraces máis clásicos ata os máis sorprendentes. Finalmente, os gañadores do concurso, na categoría individual, foron a cantante Lady Gaga,e este laborioso e autóctono traxe de Volandeiras. En parellas, impuxéronse Fondo Mariño e El Cazador Cazado, onde se criticaba a xornada de caza de elefantes do monarca español. En grupos deslumbrou o de Agatha Ruiz de la Prada e Fondo de Inversión, composto de mergulladores de principios do século pasado.

    O Entroido continúa a todo tren nas Rías Baixas con múltiples citas aínda por desfrutar como a que está tendo lugar arestora na Illa. Este luns de Entroido é o día álxido no concello insular.

    Redacción Salnés