Cambados celebra o Entroido cun concurso de filloas

     CAMBADOS> Tan típico do Entroido son os disfraces como as sobremesas típicas tradicionais como as filloas ou as orellas;…

    {flowplayer}images/salnes/concurso_filloas_cambados.flv{/flowplayer}

     …e é que en Galicia non hai festexo que non teña aparellado unha comida tradicional que o acompañe. En Cambados quixeron seguir sendo fieis ás tradicións e fomentar ó saudable hábito de merendar filloas neste luns de Entroido, e para iso volveron a organizar un concurso de filloas; con premios para as máis saborosas e tamén para os cociñeiros ou cociñeiras que máis derán feito no tempo estipulado.

    Cada quen trouxo da súa casa os ingredientes básicos e algún que outro innovador, nalgún caso, e a receita tradicional da avoa para intentar convencer ó xurado ca súa habelencia.

    Entre os participantes encontrámonos de todo, desde cociñeiros titulados, ata amas de casa e mozas inexpertas que mesmo mesturaron a manteiga en taco sen derreter e despois non daban feito co batedor. Sexa como fora, as filloas foron saíndo e foi o xurado o que tivo que afrontar a dura labor de papalas e puntualas.

    Redacción Salnés