Os veciños da Carabuxeira rexistran unha plataforma para rexenerar a praia

SANXENXO> Despois de 20 anos loitando pola rexeneración da praia, os veciños dan un paso adiante e crean a plataforma “Carabuxeira xa!. A nova entidade conta co apoio de máis de 400 firmas. Esperan que con esta iniciativa as administracións tomen en consideración a súa petición.

Hai décadas, a Carabuxeira era unha gran praia de  Sanxenxo con máis de 200 metros de lonxitude. No día de hoxe, o que queda do areal non son máis que pedras. Dende que comezou a desaparecer a praia os veciños mobilizáronse para que as administracións rexenerasen a praia pero non atoparon solucións. 20 anos despois, dan un paso ao fronte e crean a plataforma “Carabuxeira, xa!”.

Unha vez creada a plataforma, agardan que tanto o concello como portos deixen de ignoralos e escoiten as súas peticións.

Segundo Elisa, ao mesmo tempo que se rexistraba a plataforma, o concello solicitaba un estudio para comprobar a viabilidade da area doutras praias para rexenerar a Carabuxeira.

A falta de area fai que o mar chegue ata as casas que pouco a pouco están véndose afectadas pola auga. Dende a plataforma agardan que as administracións actúen antes de que ocorra algo.

A plataforma agardará agora a que as administracións os convoquen para ter unha reunión. De non ser así continuarán mobilizándose polo ben da praia e dos veciños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí