O GROVE> A Asociación de Empresario do Grove solicita ao concello xornadas alternativas á festa do marisco. Dende Emgrobes sinalan que as perdas para os negocios da vila serán moi grandes se non se mantén a actividade no Grove ata outubro.
A cancelación da festa do marisco do Grove caeu como un xerro de auga fría para os negocios da vila. Dende Emgrobes entenden que a festa do marisco non se poida celebrar como en anos anteriores pero non agardaban unha cancelación tan repentina.
Na última reunión que tiveron os empresarios e o concello, a asociación pediu alternativas para manter activades que fomenten a oferta gastronómica na vila ata o mes do outubro.
Emgrobes advirte que as perdas serán cuantiosas non só para a hostalería do Grove se non para toda a comarca.
Dende o concello estudarán as propostas de Emgrobes para intentar realizar diferentes actividades que permitan manter a actividade de promoción marisqueira do Grove sen realizar a tradicional festa.