Durán: “Bárcenas tiña ben merecido ser o Momo deste 2013”

     VILANOVA> O rexedor vilanovés afirmou que máis de 10.000 persoas asistiron á festa celebrada o domingo

    {flowplayer}images/salnes/ValoracionMomo_260213.flv{/flowplayer} 

    Dende o concello fan un balance positivo do Momo 2013. Para o alcalde, o aplazamento da festa por mor da choiva, tivo a súa  positiva e outra negativa. Por unha banda, quedaban poucas festas de entroido que celebrarse polo que Vilanova aglutinou ós máis trouleiros. Iso si, faltoulles algunha das grandes comparsas, que xa decidiran desmontar os seus camións. 

    En canto á elección do Momo, Durán explicou que nun principio os candidatos eran dous: as preferentes e Abel Caballero, alcalde de Vigo e preferido polo rexedor vilanovés para ser o máximo protagonista do entroido. A aparición do caso Bárcenas nas últimas semanas fíxolles cambiar de idea. Para Gonzalo Durán, aínda que comparta cores políticas, Luís Bárcenas tiña ben merecido ser o Momo deste 2013.

    En canto á afluencia de visitantes, o rexedor vilanovés calcula que máis de 10.000 persoas visitaron Vilanova este domingo.

    Redacción Salnés