Os escolares do Grove plantan castiñeiros que darán cogomelos

     O GROVE> Uns corenta alumnos do Colexio Público Conmeniño do Grove aproveitaron o bo día de hoxe para participar…

    {flowplayer}images/salnes/xornada_plantacion_grove.flv{/flowplayer}

     … nunha plantación de árbores ca que recuperaron o Monte das Flores, un espazo que antes era o antigo vertedoiro. Nesta laboura os cativos contaron co asesoramento da Comunidade de Montes de San Martiño, que intenta meterlles no miolo o xermolo da ecoloxía.

    En total plantaron un 130 castiñeiros micorrizados, é dicir, tratados do xeito que na súa codia saíran fungos comestibles; co que esta árbore dará en menos de dez anos dous froitos: castañas nas súas polas e setas no seu tronco. Os pequenos e pequenas desfrutaron dunha clase diferente lonxe das aulas na que quizais aprenderon moito máis que nun día normal.

    Esta é a asegunda actividade deste tipo que se leva a cabo na zona, co que a Comunidade de Montes non desbota seguir colaborando neste tipo de actividades tan enriquecedoras para o futuro do Concello. Os resultados xermolarán no interior dos cativos como o fan as sementes na terra. Polo de agora, nalgúns deles xa se albiscaban hoxe brotes verdes na defensa da natureza.

    Redacción Salnés